Sapori d’Italia
En Lugo atoparás Cousa Nostra, unha pizzería italiana onde tradición e calidade son imprescindibles para crear unha verdadeira explosión de sabor en cada anaco. O noso chef italiano trae consigo a esencia auténtica da cucina italiana.
Cada pizza artesanal e cada prato do noso menú elabóranse con ingredienti freschi, escollidos coa máxima esixencia. En Cousa Nostra cremos na frescura e na calidade, traballando de maneira artesanal en todo o proceso, dende o inicio ata o final.
Ademais da comida, apostamos polo trato cercano e familiar. Queremos que quen nos visite se sinta acollido, cómodo e parte da nosa casa, gozando dunha experiencia cálida e saborosa, pensada para repetir.
En Cousa Nostra cada receita está feita con paixón italiana e coa intención de transportar os nosos clientes a eses sapori d’Italia que namoran dende o primeiro bocado e fican na memoria moito despois da última sobremesa.
982 040 006
Praza Augas Férreas, 12 — Lugo
Servizo a Domicilio
- Incremento a partir de 1,50 € en concepto de reparto (en función das zonas).
- Pagos con Tarxeta.
- Prezos con IVE incluído.
- Mencione se precisa cambio.
Horario
Luns, mércores e xoves:
19:00–23:30
Venres, sábado e domingo:
13:00–15:45 | 19:00–23:30
Martes: pechado (agás festivos e vésperas de festivos)
